EN CARBALLIÑO ARRANCARON AS REBAIXAS DE INVERNO e DENDE CARBALLIÑO CCA ESPÉRASE QUE SE SIGA APOSTANDO POLO COMERCIO LOCAL.

En O Carballiño arrancaron as rebaixas de invierno, que prolongaranse ata finais de febreiro ou principios de marzo. Desde a Asociación de Comerciantes, espérase que se siga apostando polo comercio local, ao igual que ocorreu nas pasadas festas de Nadal.

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares, indicou que “como todos sabemos onte comenzou unha nova campaña de rebaixas, que se extenderá durante as próximas semanas ata en moitos casos a derradeira semana de febreiro ou a primeira de marzo. Desde Carballiño CCA queremos lembrarlle a veciños e veciñas que no comercio local atoparán todo o que precisan.

Carballiño é referente comercial e iso tamén se fai notar durante as rebaixas. Aquí atoparán moda, calzado, xoiaría, electrónica, electrodomésticos, regalo, saude, … cos mellores descontos e a mellor calidade, e sobre todo cun trato personalizado e moitas facilidades”; por isto. convidamos a todos a explorar as tendas locais en Carballiño CCA e descubrir as últimas tendencias a prezos reducidos e deste xeito apoian ao comercio local mentres aforran nas súas compras.