Bono Activa Comercio: Cómo solicitalo e aproveitar os descontos
A partir do 4 de novembro, todos os cidadáns de Galicia poderán solicitar o Bono Activa Comercio, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local e fomentar as compras de proximidade.
O proceso de solicitude é sinxelo e totalmente dixital:
- Cada persoa poderá descargar un único bono mediante un código QR, que se xera ao completar a solicitude.
- Este código deberase presentar nos comercios adheridos á promoción para poder beneficiarse dos descontos.
Pasos para obter o teu bono
- Paso 1 Date de alta desde o teu móbil ou a través da web aquí. a partir do día 4 de novembro https://app.bonosactivacomercio.gal/#/auth/sign-up
- Paso 2 Enviarase un sms de validación
- Paso 3 Activa o teu bono e descárgao
- Paso 4 Utiliza o teu bono nos comercios adheridos. Ver listado
O bono, cun valor de 30 euros, estará dispoñible ata esgotar o orzamento destinado á campaña, que nesta edición alcanza os 2,5 millóns de euros. En función do importe das compras realizadas, os clientes poderán obter os seguintes descontos:
- 5 euros en compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros.
- 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros.
- 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros.
Todas estas contías inclúen o IVE, o que fai que a utilización do bono sexa aínda máis accesible para todos.
Esta ferramenta permite que calquera persoa con un dispositivo móbil poida gozar dos descontos, eliminando barreiras e fomentando unha maior participación cidadá. A accesibilidade do Bono Activa Comercio, xunto coa flexibilidade dos descontos, convérteno nunha medida innovadora para seguir apoiando a reactivación económica en tempos de recuperación.