Campaña Día da Nai: “Unha Nai, Unha Flor”

O Día da Nai está á volta da esquina e en Carballiño CCA queremos celebralo contigo dun xeito moi especial. Este ano lanzamos a campaña “Unha Nai, Unha Flor”, pensada para homenaxear ás nosas nais e seguir apostando polo comercio de proximidade.
Rexistra os teus tiquets:
Campaña Rematada
Premios por comprar no comercio local
Entre o 22 de abril e o 3 de maio, por cada compra que fagas nos establecementos asociados, entrarás en dous sorteos marabillosos:
Sorteo dun tratamento de beleza: por cada compra recibirás unha papeleta de participación que poderás entregar no propio establecemento ou no noso stand.
Sorteo dunha sesión de balneario: só terás que rexistrar o teu ticket na web www.comerciocarballino.com escaneando o código QR que atoparás nos comercios.
Stand na Praza Maior: flor de agasallo para ti
Os días 2 e 3 de maio, estaremos cun stand especial na Praza Maior de Carballiño. Se te achegas e deixas alí a túa papeleta, recibirás unha fermosa flor de agasallo como símbolo de amor e agradecemento ás nais.
Apoio institucional
Esta campaña está cofinanciada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, promovendo o desenvolvemento e dinamización do comercio local.
Súmate á campaña “Unha Nai, Unha Flor”, celebra con corazón e fai que cada compra conte. Apoia ao comercio de sempre e entra nestes fantásticos sorteos!
Porque cando mercas aquí, gañamos todos.
