O Centro Comercial Aberto de Carballiño (CCA) lanza unha nova campaña para celebrar o Día do Pai, co obxectivo de impulsar as vendas no comercio local e premiar a fidelidade da súa clientela. Esta iniciativa conta co financiamento da Xunta de Galicia, reforzando o compromiso co desenvolvemento económico da nosa vila.

Rexistra os teus tiquets:

Promoción Rematada

Detalles da campaña:

  • Datas: Do 10 ao 19 de marzo.
  • Premios: Sortearanse dous vales de compra de 50 euros cada un e dous lotes de produtos gourmet.
  • Participación: Por cada compra realizada nos establecementos asociados durante o período da campaña, os clientes poderán rexistrar os seus tickets en aquí para entrar no sorteo.
  • Sorteo: O sorteo levarase a cabo o 19 de marzo ás 12:00 horas e será transmitido nas redes sociais do CCA.

Esta iniciativa busca dinamizar a actividade comercial en Carballiño, destacando a calidade e variedade de produtos e servizos que ofrecen os establecementos locais. O CCA invita a todos os veciños e visitantes a participar nesta campaña e a escoller o comercio local para as súa compras do Día do Pai.

Para máis información e actualizacións, síguenos nas nosas redes sociais.