Días Locos Shopping Day no Carballiño

Un total de 35 comercios participantes ofrecerán promocións e ofertas especiais para dar a benvida ao verán e seguir impulsando o comercio local.
Compras con premio
Durante a xornada sortearemos un total de 200 € en vales de compra, repartidos en:
- 4 vales de compra de 50 € cada un.
Para participar só tes que mercar nalgún dos establecementos participantes, cubrir a túa papeleta e depositala na urna situada no stand do Carballiño CCA na Praza Maior.
Animación e actividades nas rúas
O Shopping Day estará acompañado dunha completa programación para crear ambiente nas rúas do Carballiño:
- Música polas rúas co Coro Harmonía.
- Exhibición do Grupo de Baile Moderno do Centro Sociocomunitario.
- Inchables para os máis pequenos na Praza Maior e na Pista Vermella, a partir das 17:30 horas.
Ademais, poderás identificar facilmente os comercios participantes grazas á súa decoración especial para esta ocasión.
Vive os Días Locos no Carballiño
Venres 12 de xuño, convidámoste a saír á rúa, descubrir as ofertas dos nosos comercios e gozar dunha xornada diferente apoiando o comercio de proximidade.
Compras, animación, premios e moito ambiente. Non o perdas!
