🎉 Volven os “DÍAS LOCOS” a O Carballiño! 🎉

Este venres 13 e sábado 14 de xuño, o CCA Carballiño encherá as rúas da vila de vida, compras e moita diversión coa nova edición dos Días Locos.

Rexistra os teus tiquets:

PROMOCIÓN REMATADA

.

🛍️ Máis de 30 comercios participantes

Un total de 33 establecementos locais ofrecerán descontos en artigos de tempada, brindando a oportunidade perfecta para mercar ao mellor prezo e apoiar o comercio de proximidade.

🎟️ Sorteo de 200 € en vales de compra

Participa no sorteo de 4 vales de 50 € rexistrando o teu ticket de compra en comerciocarballino.com/diaslocos ou depositándoo na urna situada no stand da Praza Maior durante a campaña.

🎯 Animación de rúa para todas as idades

Venres 13:

  • 25 xogos tradicionais distribuídos entre a Praza Maior e a Pista Roxa.

  • Música itinerante a cargo do coro “En Harmonía”.

Sábado 14:

  • Zancudos percorrendo as rúas comerciais.

  • Toro mecánico na Praza Maior (entrada dispoñible con ticket de compra).

🤝 Colaboración institucional

Esta campaña está cofinanciada pola Consellería de Emprego e Comercio da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello do Carballiño.

👉 Non perdas esta oportunidade!

Os Días Locos son unha ocasión perfecta para vivir o Carballiño dun xeito diferente: descontos, sorteos e animación ao aire libre para darlle a benvida ao verán como se merece.

Apoia o comercio local, goza en familia e celebra con nós!

Porque cando mercas aquí, gañamos todos.