Mantivemos un encontro coa Confederación Empresarial de Ourense para seguir impulsando o comercio local

No Carballiño Centro Comercial Aberto mantivemos un encontro na sede da Confederación Empresarial de Ourense, no que participou o noso presidente, Julián Garriga, xunto co presidente da CEO, David Martínez, e o seu secretario xeral, Jaime Pereira.

Desde o CCA traballamos de maneira activa na promoción do comercio local, impulsando campañas, accións de dinamización e iniciativas conxuntas entre os establecementos asociados, co obxectivo de reforzar o tecido comercial e contribuír á xeración de actividade económica no Carballiño e na súa contorna.

Durante a reunión abordamos diferentes liñas de traballo compartido para seguir apoiando ao pequeno comercio, mellorar a súa competitividade e consolidar o seu papel como motor económico e social da comarca.

Para nós, a colaboración con entidades como a Confederación Empresarial de Ourense é fundamental para avanzar nun modelo de comercio máis forte, coordinado e preparado para afrontar os retos actuais.