Feira de Stock de Carballiño CCA 2026

Nesta edición participan 15 comercios asociados ao Carballiño Centro Comercial Aberto, que sacarán os seus produtos á rúa con grandes descontos e auténticas oportunidades para todos os públicos.
Un evento para mercar e apoiar o comercio de proximidade
A Feira de Stock é unha ocasión perfecta para pasear, descubrir novos produtos, aproveitar prezos especiais e seguir apostando polo comercio local, un sector fundamental para a vida e a economía da nosa vila.
- Lugar: Praza Maior do Carballiño.
- Datas: 21, 22 e 23 de agosto.
- Participantes: 15 comercios asociados ao Carballiño CCA.
Grandes descontos e oportunidades únicas
Durante os tres días da feira poderás atopar produtos de calidade a prezos moi especiais, coa atención e a confianza dos comercios de sempre.
Agardámoste na Feira de Stock de Carballiño CCA 2026 para vivir unha fin de semana de boas compras e apoiar o comercio de proximidade.
Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

