Os días 22, 23 e 24 de agosto, a Praza Maior do Carballiño converterase nun gran espazo de oportunidades coa celebración da Feira de Stock.

Durante tres días, numerosos comercios locais ofrecerán produtos de calidade a prezos rebaixados, sendo unha ocasión perfecta para atopar boas ofertas e apoiar ao comercio de proximidade.

🕒 Horario da feira:

  • Venres 22 → 17:00 h a 22:00 h

  • Sábado 23 e Domingo 24 → 11:00 h a 14:00 h e 17:00 h a 22:00 h

🎁 Ademais, realizarase un sorteo presencial de 6 vales de 50 € o domingo as 18:00h entre as persoas asistentes, que poderán seguir aproveitando na feira do comercio local.

Unha oportunidade única para gozar das compras, dinamizar o comercio do noso concello e vivir un ambiente especial no centro do Carballiño.

👉 Non faltes!