O Carballiño acolle do 21 ao 23 de febreiro unha nova edición da Feira do Stock de Inverno.

A Asociación Carballiño CCA organiza unha nova edición da Feira do Stock de Inverno, que terá lugar do 21 ao 23 de febreiro na Praza Maior do Carballiño. Durante tres días, veciños e visitantes poderán atopar produtos con descontos irresistibles en moda, calzado, complementos e artigos para o fogar, entre outros.

O horario da feira será:

  • Venres 21: de 17:00 a 21:00 h.
  • Sábado 22 e domingo 23: de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

A entrada será gratuíta, o que permitirá a todos os asistentes aproveitar as mellores ofertas e apoiar as empresas locais.

Unha feira con grandes descontos

Aproveitando o período de rebaixas de inverno, un total de 13 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos a prezos de saldo nunha feira que terá lugar nunha gran carpa instalada na Praza Maior. Os visitantes poderán atopar artigos de distintos sectores como moda masculina e feminina, moda infantil, calzado, lencería, complementos, menaje e alimentación, entre outros.

Sorteo presencial de 100€ en vales de compra

Como agradecemento aos clientes pola súa fidelidade, Carballiño CCA sorteará un vale de compra de 100€ para gastar nos establecementos participantes na feira.

Como participar?

Por cada compra que realice na feira, os clientes recibirán un ticket que deberán cubrir cos seus datos e depositar na urna situada no stand do CCA do Carballiño.
O domingo 23 ás 18.00 horas realizarase o sorteo presencialmente na carpa da feira. Para optar a gañar o premio, o afortunado gañador deberá estar presente no momento do sorteo e achegar un documento oficial acreditativo da súa identidade.

Establecementos participantes

  • Aura Modas
  • B Jeans 8
  • Bolequiños
  • Contos
  • Dua’s
  • École
  • Ende Ben
  • Frutas Evaristo
  • Lamargha
  • O Ruan
  • O Super 100
  • Plumetti
  • Pol Cotton

Una iniciativa para dinamizar el comercio local

Dende o Carballiño CCA animamos a todos os veciños e visitantes a que se acheguen á Feira do Stock de Inverno para gozar de grandes oportunidades de compra e apoiar ao comercio local, imprescindible para a economía da nosa vila.

A feira conta co apoio do Concello do Carballiño e cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Para máis información visite Comerciocarballino.com e siga as nosas redes sociais.