A Praza Maior da vila do Arenteiro foi o escenario do evento final desta campaña de promoción do comercio local carballinés. Dende as 6 da tarde o público foise achegando para canxear os seus tickets por participacións.
Cunha participación altísima, chegando a repartirse máis de 1.500 papeletas.
Chegadas as 8 da tarde deu comezo o sorteo das tarxetas prepago de Abanca, que só se poderán empregar no mesmo comerico local do Carballiño. Como no resto da campaña os premiados levaron para casa 4 tarxetas de 100€ e 2 de 300€.
Tivemos a honra de contar no evento coa presenza, por parte da corporación municipal, do Concelleiro de Comercio, Manuel Dacal. Por parte do Centro Comercial Aberto do Carballiño, estiveron Julián Garriga e Noelia Mares, presidente e xerente respectivamente. ABANCA, entidade colaborador, estivo representada polo director da oficina do Carballiño, José Ángel Vázquez. A carballinesa Marisol Novoa, presidenda da Confederación de Empresarios de Ourense, no quiso faltar á cita e tamén nos acompañou na entrega de premios. Por último, pola Federación de Comercio de Ourense, estiveron, Camilo Sotelo, Vicepresidente, e Beatriz Gómez, Presidenta.
Noraboa a todos e todas as premiadas do Carballiño.
Gracias por mercar no comerio local.