O agasallo de papá

O agasallo de papá fáino Carballiño CCA
Con motivo da celebración do Día do Pai, Carballiño CCA pon en marcha a campaña “O agasallo de papá fáino Carballiño CCA”, unha iniciativa para fomentar as compras no comercio local e premiar ás persoas que elixen mercar nos establecementos asociados.
A campaña desenvolverase do 13 ao 20 de marzo. Durante este período, todas as persoas que realicen unha compra nos comercios participantes poderán rexistrar o seu ticket de compra nesta páxina.
Como participar
- Realiza unha compra nun dos establecementos asociados a Carballiño CCA.
- Rexistra o teu ticket de compra a través do formulario desta páxina.
- Cada ticket rexistrado supón unha participación no sorteo.
- Podes rexistrar tantos tickets como compras realices durante os días da campaña.
O premio
Entre todos os tickets rexistrados realizarase un sorteo o 20 de marzo, que se emitirá a través das redes sociais de Carballiño CCA.
A persoa gañadora verá reintegrado o importe da compra correspondente ao ticket premiado, segundo as condicións establecidas nas bases da campaña.
O importe máximo do premio será de 100 €.
Compra no comercio local
Con esta iniciativa, Carballiño CCA busca dinamizar o comercio local e animar á veciñanza a celebrar o Día do Pai mercando no pequeno comercio do Carballiño.
Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia.
