Atención, amantes das risas! 

Participa no sorteo de 10 bonos para o Clowncurso!​

Carballiño CCA ten o pracer de colaborar con este festival e ofrecer aos seus clientes a oportunidade de gañar un dos 10 bonos que permitirán asistir gratuitamente ás 4 funcións do festival.​

Como participar?

1. Realiza as túas compras nos establecementos asociados a Carballiño CCA.​
2. Rexistra os teus tickets de compra nesta páxina.​
3. Cada ticket rexistrado darache unha participación no sorteo.​
4. Cantas máis compras realices e rexistres, maiores serán as túas posibilidades de gañar!​

Data do Sorteo

12 de abril de 2025 ás 21:00h​ nas redes sociais de Carballiño CCA

Rexistra os teus tiquets:

Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.

Datos da Compra

Aunque non vexas o tícket adxuntado, si que o adxunta, así que segue enchendo o formulario.

Datos de Contacto

Recadro de verificación

O Clowncurso – Festival de Teatro Clown

  • Do 15 ao 19 de Abril de 2025
  • Auditorio Municipal Manuel María
  • O Carballiño, Ourense
Prepárate para unha semana chea de risas, emoción e maxia co mellor do teatro clown! Aquí tes a programación:

Martes 15 de abril – 20:30 h

María D’Alegria (Portugal) – “Umana”
Unha viaxe cómica sobre o paso do tempo e o desexo da eterna mocidade.

Mércores 16 de abril – 20:30 h

Heyoka Clown (Bilbao) – “Lo que me sale de la concha”
Unha historia máxica e imperfecta que nos lembra a beleza de ser auténticos.

Xoves 17 de abril – 20:30 h

Mikel Osete (Navarra) – “The Return of Delirios”
Un regreso triunfal… ou non tanto? Malabares, prestidixitación e moito humor.

Venres 18 de abril – 20:30 h

Clownómadas (Mallorca) – “Sin Destino”
Un pallaso errante que transforma a incerteza en poesía e risas.

Sábado 19 de abril – 20:30 h

Mostra curso Caroline Dream + Entrega de premio


Non perdas esta oportunidade única de gozar dunha semana chea de humor e espectáculos inesquecibles. Realiza as túas compras nos establecementos de Carballiño CCA, rexistra os teus tickets en comerciocarballino.com e participa no sorteo. Agardámoste para compartir xuntos a maxia do teatro clown no Carballiño!