Mai
11
O Comercio en Flor

Do 12 ao 30 de maio, Carballiño CCA pon en marcha a campaña “O Comercio en Flor”, unha nova iniciativa para dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade das persoas que mercan nos establecementos asociados.
Durante a campaña, todas as persoas que realicen compras nos comercios asociados poderán participar no sorteo de 2 vales de compra de 50 euros cada un.
Rexistra o teu ticket:
Como participar?
- Realiza as túas compras nos establecementos asociados a Carballiño CCA.
- Escanea o código QR da campaña.
- Rexistra o teu ticket no formulario desta páxina.
O sorteo realizarase o 1 de xuño nas redes sociais de Carballiño CCA.
Con esta campaña queremos seguir poñendo en valor o comercio de proximidade, apoiando os negocios locais e contribuíndo a manter vivas as rúas do Carballiño.
Merca no comercio local, rexistra o teu ticket e participa no sorteo.
