Ruta das Tapas de Outono
Ruta das Tapas de Outono no Carballiño
O Carballiño prende os fogóns cunha nova Ruta das Tapas de Outono, que se celebrará os días 1, 8 e 15 de Decembro na que participarán sete locais de hostalaría da vila; Fuchela, Bar Soldado, Pituxo, Bar Caserío, Ernesto Patio Bar, Roraima e Viños e Tapas Nova Praza, serán quen se encarguen de deleitarnos cunhas tapas realizadas cos mellores produtos de tempada, cogomelos, castañas, vexetais, piñóns, peixes, carnes …, e todo acompañado por un excelente viño da Bodega Pazo Tizón ou mesmo dunha fresca cervexa Estrella Galicia.
Unha ocasión para desfrutar da gastronomía local, e para compartir en boa compañía,, especialmente para as persoas amantes da cociña e en particular das tapas.
Ademáis de gozar con cada unha das artes culinarias características de cada cociña, convídannos a participar no sorteo dunha visita con maridaxe para dez persoas nas Bodegas Pazol Tizón; e para poder optar ao premio, tan só tes que pedir a túa papeleta de participación en calquer establecemento adherido á Ruta das Tapas e conseguir durante os tres venres que dura a campaña, completar cos selos dos sete locais a túa tarxeta de ruta e entregala nun deles cos teus datos.
Unha excelente escusa para saír e despedir os derradeiros días de Outono, Vascho perder ou esperas a que cho conten?
TAPAS
- RORAIMA: Pintxo de lombo porcino con queixo San Simon e pemento piquillo.
- ERNESTO PATIO BAR: GARBANCITO y LANGOSTINO Tapa con sabor marinero,con un sofrito de verduras como base y una delicada crema de langostinos acompañada de garbanzos y colas de langostinos
- VIÑOS E TAPAS A NOVA PRAZA: Solomillo a la Castaña. Como base una cama de patatas panadera,solomillo a la plancha y una guarnición de champiñones con una rica crema de castañas
- CASERÍO: Base Huarache de Maiz con base de frijoles cubierto ternera con setas a las finas hierbas
- SOLDADO: Estofado de outono. Xarrete de ternera estofado con guarnición de castañas e verduras
- PITUXO: Bocaditos de setas y piñones,acompañados de croqueta de boletus
- FUCHELA: Bacalao confitado sobre cama de patatas panadera y alioli verde