Ruta de Tapas de Inverno
Nova Xornada da Ruta de Tapas de Inverno en O Carballiño!
Os venres 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro, non perdas a oportunidade de desfrutar da mellor gastronomía local.
5 Locais, 5 Tapas Únicas: Esta vez, 5 establecementos prepararon tapas moi diferentes con produtos de tempada para facer do tapeo unha experiencia única. Descubre a creatividade culinaria dos nosos chefs locais.
Acompáñanos: Reúnete cos teus amigos e familiares para unha tarde de sabores auténticos e bo ambiente. O Carballiño espera por ti para compartir esta experiencia gastronómica.
Lugares Participantes:
- Fuchela: Secreto Ibérico á Parrilla con Salsa Cazadora.
- Ernesto Patio Bar: Potaxe de Alubias Vermellas.
- Bar Soldado: Fabas con Ameixas.
- Pituxo: Bacallau ao Forno con Orella á Prancha.
- Viños e Tapas a Praza: Feijoada Brasileña.
Cada local ofrece unha experiencia única, combinando sabores tradicionais con creatividade culinaria. Aproveita esta oportunidade para explorar a gastronomía local en O Carballiño e ademáis terás a oportunidade de gañar unha visita con maridaxe para 10 persoas ao Museo de Estrella Galicia.
Bo proveito!