Feb
03
O Carballiño Namora

Rexistra o teu ticket
O Carballiño namora
Este San Valentín, o amor tamén se compra no comercio local.
Do 4 ao 14 de febreiro, mercando nos establecementos asociados do Carballiño CCA, poderás participar no sorteo dunha experiencia termal para dúas persoas.
Como participar? É moi doado:
- Merca nos establecementos asociados.
- Rexistra o teu ticket de compra nesta web.
Porque apoiar o comercio local tamén é unha forma de namorar.
O Carballiño namora… e premia!
