Sorteo LoProximo

📝 Condicións de participación no sorteo
-
Prazo de participación: Poderás participar ata o luns 15 de setembro de 2025 ás 22:00 h.
-
Requisitos: Para participar, deberás:
- Rexistrarte na aplicación web de LoPróximo (https://app.loproximo.com).
-
Enviar polo menos unha solicitude de busca a través da aplicación, dirixida a negocios locais de O Carballiño.
- Sigue a LoPróximo (@loproximo.comerciolocal) e a Carballiño CCA (@carballinocca) en Instagram (Opcional)
-
Idade mínima: A participación está limitada a persoas maiores de 18 anos.
-
Anuncio do gañador: O nome da persoa gañadora publicarase o martes 16 de setembro de 2025 a través da conta oficial de Instagram do Carballiño CCA @carballinocca. Ademais, o Carballiño CCA contactará coa persoa gañadora mediante o correo electrónico indicado durante o rexistro.
🎁 Premio
A persoa gañadora recibirá:
-
Unha viaxe en ecobarco con patrón para 4 persoas, con saída desde o peirao de Castrelo de Miño.
-
Unha cesta de picnic para gozar durante a travesía.
-
A duración estimada da ruta será de 60 a 75 minutos.
📅 O día e a hora da travesía acordaranse no momento da entrega do premio e estarán suxeitos á dispoñibilidade do ecobarco.
🔗 Máis información sobre a experiencia: https://ecobarcourense.gal
⚠️ Condicións adicionais
-
O premio non é transferible a outras persoas.
-
Non se pode canxear por cartos en efectivo, nin total nin parcialmente.
-
Se por calquera motivo a persoa gañadora renuncia ao premio ou non responde á comunicación nun prazo razoable (máximo 7 días naturais), o Carballiño CCA poderá designar unha persoa suplente.
-
A participación neste sorteo implica a aceptación expresa destas condicións.
-
A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar o sorteo por causas alleas ou de forza maior, así como de eliminar participantes que realicen un uso fraudulento da aplicación.
