Dec
13
VIVE A MAXIA DO NADAL!

¡VIVE A MAXIA DO NADAL! Este ano, queda en Carballiño CCA e desfruta dunha programación máxica para toda a familia.
Do 14 ao 22 de decembro: Participa no Concurso de Postais de Nadal. Os máis pequenos entregarán as súas creacións nos establecementos asociados antes do día 22. ¡Hai 3 premios en xogo! Consigue o cartón de participación no colexio ou nas tendas asociadas.
Do 20 ao 24 de decembro: Dinamización de rúas con música itinerante e a máxica carroza de Papá Noel. O día 24, gran festa na Praza Maior coa entrega dos premios ás postais gañadoras.
O 3 e 4 de xaneiro: Non perdas o Castelo de Nadal e a Burbulla de Nadal na Praza Maior. A túa entrada está nas papeletas que conseguirás coas túas compras nos establecementos asociados.
E lembra, sorteamos 1500€ en vales de compra! Os números gañadores coincidirán coa Lotería de Reis.
Este Nadal, queda en Carballiño CCA e vive a maxia do comercio local.