Carballiño Centro Comercial Aberto

Dende o ano 2010, somos oficialmente Asociación Carballiño Centro Comercial

Traballamos na consecución de cada un dos obxectivos , seguimos na busca dos estándares de calidade da marca CCA, potenciar valores como:

CALIDADE, PROXIMIDADE e PROFESIONALIDADE

Faite socio

Dinamización Comercial

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios asociados así como campañas de publicidade conxunta.

Todos xuntos como grupo alcanzamos unha maior repercusión mediatica imposible a nivel individual.

Defensa dos intereses dos asociados

Establecer relacións permanentes e fluídas cos diferentes organismos e institucións públicas así como con empresas privadas presentándolle propostas que reflictan os sentir do noso colectivo para a mellora dos nosos intereses.

Información e asesoramento 

Asesoramento na tramitación de axudas e subvencións, respaldo conxunto ante a Administración así como información sobre líñas de axudas, campañas municipais, autonómicas e estatáis así como información xeral sobre o funcionamento comercial.

Establecemento de convenios de colaboración 

Convenios de colaboración con diferentes empresas e organizacións, estes convenios establécense dende dous frontes; uns están deseñados para acadar melloras competitivas cara os nosos asociados (Entidades financieiras, enerxéticas, e empresas en xeral) e outros están destinados a maximizar a visibilización do CCA e os seus asociados.

Ofrecese dende o CCA unha imaxe de marca conxunta e unha estratexia común para todos os seus establecementos, reforzando así o valor de formar o pequeno comercio do Carballiño ante o conxunto dos veciños e visitantes. 

Faite Socio