Abr
24
Carballiño CCA Celebra o Día do Pai cunha Sorpresa Especial para os seus Clientes.
A Asociación de Comerciantes Carballiño CCA complácese en anunciar a súa nova campaña, “Feliz Día da Nai”, que se desenvolverá do 27 de abril ao 5 de maio. En honor ao Día da Nai, a asociación organiza un emocionante sorteo con tres vales de compra de 50€ cada un.
O próximo 5 de maio celebramos o Día da Nai, unha data moi importante para ter un detalle coas nosas nais, unha data para regalarlles algo especial e para saír a celebralo na hostalería local.
A campaña convida a todos os veciños e visitantes a visitar os establecementos asociados e compartir historias sobre as súas nais para recibir recomendacións personalizadas sobre o AGASALLO perfecto para elas.
A campaña desenvolverase do 27 de abril ao 5 de maio. Aqueles que realicen compras nos comercios asociados a Carballiño CCA poderán rexistrar os seus tickets de compra AQUÍ e participarán no sorteo de 3 vales de compra de 50€ cada un”.
Unha vez recibidos todos os tickets rexistrados ata o 5 de maio (inclusive), realizarase un sorteo non presencial que se levará a cabo o 6 de maio ás 12:00h en directo a través das redes sociais de Carballiño CCA.
Desde Carballiño CCA animamos a todos a mercar no comercio local, onde recibirán atención personalizada e consellos para elixir o AGASALLO perfecto para homenaxear ás nais no seu día.