Ruta das Tapas de Primavera
Descubre a Rutas das Tapas de Primavera no Carballiño!
Os venres 12, 19 e 26 de abril, convida os teus amigos e familiares a desfrutar das mellores tapas nos seis locais hostaleiros participantes: FUCHELA, BAR SOLDADO, CASA PITUXO, ERNESTO PATIO BAR, EL CASERÍO e VIÑOS E TAPAS A PRAZA.
Nesta ocasión, temos o pracer de contar coa colaboración especial de Destilerías Miño, distribuidora do Grupo Paniagua, productores de oruxos e licores dende 1878. Esta empresa familiar nacida en O Carballiño, ofrece unha ampla variedade de bebidas que combinan tradición, calidade e innovación. Déixate seducir polo seu vermut POVARELO e descubre os sabores da nosa terra.
Ademais, queremos agradecer aos nosos patrocinadores habituais, Pazo Tizón e Estrella Galicia, por apoiar este evento e facelo posible
🍴 Para abrir boca, contámoste as tapas que vas atopar na ruta
-
- FUCHELA: tempura de Polvo
- BAR SOLDADO: ensalada temperada de gulas, fresas e aguacate
- CASA PITUXO: roliño de primaveira
- ERNESTO PATIO BAR: tosta de queixo, piquillo confitado e anchoa
- CASERÍO: salpicón de marisco en tartaleta
- VIÑOS E TAPAS A PRAZA: espaguetis con gambas acompañado de plátano macho frito
Pero iso non é todo!
Premios
Se disfrutas desta fantástica ruta, podes gañar unha noite para dúas persoas no Hotel H4 de Cangas, con almorzo bufet incluído, e unha “vermutada” para ti e 9 amigos nun dos establecementos participantes.
Para participar, tan só tes que:
-
- Cubrir a papeleta de participación que te facilitarán nos locais participantes
- Percorrer os seis establecementos nas tres semanas da ruta e selar a túa visita en cada un deles.
- Unha vez completada a túa tarxeta de participación, entrégaa nun dos locais participantes e estarás dentro do sorteo.